O toxo é parte fundamental do noso patrimonio natural. É útil para alimentar o gando ou fertilizar a terra, entre outros usos. En Abonos Lourido, dende a aldea de Rebordechán (Concello de Crecente, Pontevedra) aproveitamos as súas calidades e creamos substratos de toxo para plantas ornamentais, céspede, hortalizas, cepas e froiteiras.
Despois de recoller o toxo, iníciase un proceso de fermentación e compostaxe que dura dous anos. Un proceso 100% natural para produtos 100% naturais.
Do toxo que recollemos no monte obtemos produtos naturais e ecolóxicos cun alto contido en flora microbiana, hormonas e vitaminas.
Coñece os nosos produtos: Horta na casa, Raspadallo, Substrato de toxo e Toxo picado.