O noso proceso

Uso do toxo para a produción de substrato e compost

Recollemos o toxo no monte e, a través dun proceso biolóxico de fermentación e compostaxe, conseguimos produtos fabricados exclusivamente pola natureza. 

O monte

1. Os montes veciñais son a base da subministración de toxo.

2. Dispoñemos de maquinaria adaptada para a recollida e almacenamento do toxo.

3. O toxo apílase, triturado, no monte.

A planta de produción

1. O toxo clasifícase en pilas de 500 metros cúbicos aproximadamente.

2. As pilas tápanse para evitar encharcamento e infección por sementes.

3. O produto voltéase periodicamente.

Fase final

1. A maduración dos substratos naturais remata na nave.

2. Cando o substrato está maduro, penéirase.
3. Envase e paletizado dos produtos.