Produtos
Substratos naturais para horta e xardín
En Abonos Lourido creamos diferentes tipos de substratos naturais útiles para horta, xardín ou viñedos. Consulta con nós que produto se adapta mellor ás túas necesidades.
Horta na casa
Saco creado para plantar directamente as hortalizas. Non é necesario cavar, sachar ou fertilizar. Só hai que plantar, regar e recoller. É un substrato 100% natural e ecolóxico que se traduce no sabor e na calidade dos produtos que se recollen.
Presentación: sacos de 60l.
Raspadallo
Substrato natural que se obtén mediante a compostaxe de toxo con esterco de animais domésticos. Recoméndase como enmenda e fertilizante orgánico para:
Plantación de cepa: cepa feita e froiteiras.
Horta: verduras, patacas, legumes, etc.
Xardín: plantas de xardín e céspede.
Presentación: sacos de 25 e 50l.
Toxo picado
Toxo fresco picado orientado a cultivos biodinámicos. Produto totalmente ecolóxico útil para reposición de materia orgánica na terra que favorece a retención de auga, a protección térmica, un aumento da flora microbiana e unha maior fertilización. Creamos un mulching de toxo útil, por exemplo, para protexer e alimentar as cepas na viña.