Quen somos
Abonos Lourido. Coidando o monte facemos terra
O monte sempre foi un espazo onde se abrazan o natural co ecolóxico, a sensación de liberdade co vento, a fauna coa flora. Todo está en perfecta harmonía. Ademais, Galicia é o lugar no que o lobo, os trasnos, as mouras encantadas e as construcións milenarias se combinan para crear o fermento da alma galega. É o lugar onde medra a planta máxica: o toxo.
O monte
Os nosos antepasados consideraban o toxo (ulex europaeus) unha xoia porque representaba a base do seu sustento. Con el alimentábase o gando, fertilizábanse as terras e quentábanse fornos e lareiras.
Nós, en Abonos Lourido, dende a aldea de Rebordechán (Concello de Crecente, Pontevedra) queremos achegar as súas calidades. Na horta da aldea, nos xardíns e balcóns das cidades. Contemplando a beleza das flores que se alimentan do noso substrato de toxo, saboreando os froitos e hortalizas que con el medran.
Tratamos ao toxo como un tesouro, mimándoo nun longo proceso de fermentación e compostaxe que nos permite elaborar adobos e substratos cos que transmitir a froitos, legumes e plantas toda a maxia e sabor que o monte encerra.